Aínda estamos emocionados do concerto de onte, co dúo Quintillán-Cid
Unha gozada, unha marabilla e un auténtico luxo contar con dúas intérpretes deste calibre: Mª José Cid e Laura Quintillán.
Gozamos dun programa polo que pasaron os grandes clásicos: Bach, Mozart, Clara Schumann, Tchaikovski, Stravinksy e outros "clásicos modernos" como Morricone ou Piazzolla. Todo aderezado con explicacións sobre a vida dos músicos, as súas obras e a conexión entre a música e as emocións, porque, como dixo Hans Christian Andersen, cando as palabras fallan, a música fala.
Unha experiencia fabulosa que o público disfrutou moitísimo e agardamos repetir. Millóns de grazas ás concertistas!
Deixámosvos estas fermosas fotos tomadas por Carlos Alonso.
E vídeo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario