luns, 22 de xaneiro de 2024

Encontro para FP sobre a FCT

 Miki, do proxecto iMpulsa, mándanos este resumo do que aconteceu o pasado día 19 na biblio:

"O venres 19/01/2024 tivemos unha actividade sobre a FCT para o alumnado de FP na biblioteca, dentro do proxecto iMpulsa de Ayuda en Acción, a cargo do orientador vocacional Miki, e o profesorado de FP Julio, Pilar e Dina e a orientadora Carmen.

Convidamos a ex-alumn@s para que nos falaran da súa experiencia de FCT: tivemos a Jorge de Celanova Motor, Laura do Cemit, e Alvaro de Instalacións Vázquez, e despois un “World Café” con grandes profesionais da administración e xestión: Chelo da Mancomunidade, Amadino e Marina de Xurisgal, Marian de Xestoria Álvarez e Carlos de Zarrisco. 

Todxs os participantes da actividade fóronse moi satisfeitxs, especialmente o alumnado que puido poñerse en contexto no seu vindeiro reto de superar as prácticas con suceso."












Deixámosvos esta infografía para repasarmos os obxectivos e razóns de ser deste fermoso programa iMpulsa!




Ningún comentario:

Publicar un comentario