xoves, 16 de novembro de 2023

O audiovisual celanovés, de premio!

 Non é noticia: é de sobra coñecida a calidade do noso audiovisual. Desta volta, con máis motivo para celebrar, porque Adolfo Fernández Piñeiro, exalumno do IES Celanova, xunto co seu compañeiro Xoán Bregua, vén de acadar co seu traballo O Rizo o segundo premio no concurso de FAS Muvis do OUFF. 

Cun grande traballo de documentación, escolma de fotos orixinais e imaxes gravadas e un formidable guión, achegaron ao público a vida de Xosé Vázquez Arias, O Rizo, percorreu feiras e romarías captando escenas da vida cotiá.

Parabéns polo fermoso traballo!

Picade na imaxe para ver a noticia completa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario