Antonte, día 30 de setembro, foi o 80 aniversario do desmantelamento da prisión que ocupou estes muros antes ca nós.
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova visibilizou esta data cun acto conmemorativo, e cóntannolo así nas súas redes:
"A Prisión Central de Celanova empezou a ser desmantelada no mes de setembro de 1943. O último documento asinado no cárcere ten data do 30 de setembro de 1943. Hai hoxe 80 anos.Hoxe, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova realizará un breve acto para sinalar a data coa colocación "simbólica" dunha placa en lembranza dos 103 presos e presas que morreron (foron asasinados) tras penar nesta cadea.
Será ás 18:00 horas na entrada do Instituto, xunto á estatua de Celso Emilio Ferreiro,
autor deste poema sobre aqueles escuros muros:
"PROMETEO ENCADEADO"
Perdeuse na cidá dos calabozos
unha mañá de inverno sin paxaros.
Na cidá das cadeas
e dos mortos en ancios.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Detrás de cada fiestra un rostro escuro
de tristes ollos asexando a rúa.
Sobre as almas espidas dos vencidos
repenicaba xordamente a chuvia.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Un longo muro devolvía as voces
enguruñadas de temor i espanto.
Na cidá das cadeas
unha mañá de mortos pendurados.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Viaxeiro: -Bon home, onde está o camiño?
Bon home: -Eu non sei nada...
Viaxeiro: -Vostede, garda, onde está o camiño
que leva ao aire libre,
á libertá do vento,
ás terras sin cercar,
ao mar fermoso?
Garda: -Eu non sei ese camiño, viaxeiro.
Viaxeiro: -E como pode ser? Un garda debe
coñecer os camiños...
Garda: -Señor, si coñecese os camiños,
coida que ficaría eiquí de garda?
Bon home: -Eu non sei nada, eu non quero
saber nada.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Perdeuse na cidá dos calabozos
unha mañá de inverno sin paxaros.
Na cidá das cadeas
e dos mortos en ancios.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Detrás de cada fiestra un rostro escuro
de tristes ollos asexando a rúa.
Sobre as almas espidas dos vencidos
repenicaba xordamente a chuvia.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Un longo muro devolvía as voces
enguruñadas de temor i espanto.
Na cidá das cadeas
unha mañá de mortos pendurados.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Viaxeiro: -Bon home, onde está o camiño?
Bon home: -Eu non sei nada...
Viaxeiro: -Vostede, garda, onde está o camiño
que leva ao aire libre,
á libertá do vento,
ás terras sin cercar,
ao mar fermoso?
Garda: -Eu non sei ese camiño, viaxeiro.
Viaxeiro: -E como pode ser? Un garda debe
coñecer os camiños...
Garda: -Señor, si coñecese os camiños,
coida que ficaría eiquí de garda?
Bon home: -Eu non sei nada, eu non quero
saber nada.
Ah, desta casa!
Todos calaban.
Tamén contan, noutra publicación destes días, testemuños acerca da LEONA, actualmente o noso salón de actos:
Testemuño do xornalista asturiano JUAN ANTONIO CABEZAS CANDELI, un dos 30 condenados a morte en Celanova en Febreiro de 1939 e aillados na LEONA ( o actual salón de actos do instituto)"Después de hacer funcionar un viejo cerrojo empujó la puerta, que se abrió con un chirrido estridente de gozne mal engrasado. En el interior la luz era sucia y amarilla. Los presos miramos hacia aquella puerta con horror. El jefe de servicios se acercó al grupo y nos habló con forzada amabilidad. El director no quisiera separarlos del resto de la expedición, pero el reglamento de prisiones lo prohíbe terminantemente. Los condenados a muerte o con simple petición de esa pena, que es el caso de todos ustedes, han de estar separados del resto de la población penal. Aquí no hemos tenido nunca condenados a muerte y por tanto no tenemos galería habilitada, con total aislamiento. Provisionalmente hemos decidido instalarlos en esta celda grande que veníamos utilizando como calabozo para los castigados por faltas disciplinarias internas.» Y a continuación: «Recojan sus cosas y vayan pasando> agregó mientras señalaba la puerta de la «leona». Yo volví mis ropas y papeles a la maleta y pasé de los primeros con ánimo decidido. Dentro había dos castigados, uno de ellos un conocido actor de teatro, que fueron liberados» inmediatamente.
El calabozo que se conocía por "la leona" era un camaranchón grande y lóbrego. La escasa luz la recibía del claustro noble del monasterio, por dos arpilleras abiertas en el grueso muro. El piso de losas de piedra tenía mugre del siglo que se lo pidieran. De las vigas negras del alto techo colgaban unas impresionantes barras de hierro re- matadas en ganchos. Después se supo que la «leona» había sido la despensa y fresquera de los monjes. Y que los enormes ganchos se utilizaban para colgar los canales de las reses sacrificadas."
Imaxes recollidas nas redes do Comité de Memoria Histórica
Ningún comentario:
Publicar un comentario