Un grupo de profes, acompañados polo noso asesor de formación, Serafín Vázquez Álvarez, visitamos o pasado luns 29 o IES Valadares en busca de boas prácticas que poidamos partillar. É un ies con moi boa fama, e merecida, como puidemos comprobar.
Explicáronnos a súa filosofía de centro, na que abordan pedagoxías activas e toman unha forte opción pola inclusión, con prácticas novidosas e mesmo arriscadas, que, como nos comentaron, están a darlles moi bos resultados.
O equipo de biblioteca estaba representado tamén na visita, e alí puidemos escoitar á nosa compañeira Asun Carballo, coa que traballamos xa fai moitos anos, e que leva desenvolto no Sobreiral das Palabras, a súa biblio, un traballo formidable.
Deixámosvos unha escolma de fotos sempre tan ben tiradas polo noso compañeiro Carlos Alonso.
Aula Polos Creativos
Ningún comentario:
Publicar un comentario