venres, 14 de abril de 2023

Moitas visitas á nosa biblio!

 Estes días andamos que non paramos! Repuntan as visitas escolares da man da Fundación Curros, e tamén as de compañeiros doutros centros cos que estamos a colaborar.

O martes pasado veu un grupo de docentes do IES Ramón María Aller de Lalín que están nun plan de formación permanente do profesorado para compartires maneiras de traballar. 

Achegamos enlace ao seu blog e dámoslles as grazas polas fermosas palabras que nos adicaron. Quedamos moi satisfeitos de podelos axudar! Accede aquí ao seu blog!


O martes que vén iremos a Verín, a visitar aos compañeiros e compañeiras do IES García Barbón, que tamén nos pediron axuda, e dende xa fai un tempiño, estamos tamén ofrecendo docencia nun grupo de traballo cos seguintes centros: CEIP Bibei de Viana do Bolo, CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras, CEIP Julio Gurriarán de O Barco, CEIP Martaguisela de O Barco, CEIP Manuel Respino de A Rúa, IES Xermán Ancochea Quevedo de A Pobra de Trives, e remataremos no mes de abril.

Achegámosvos o enlace ao noso material de docencia, elaborado na súa maior parte por Isidora Gil, que utilizamos nas nosas docencias aquí e acolá!

Ningún comentario:

Publicar un comentario