Hoxe na biblio tivo lugar a presentación de Roberto Mera que vos anunciabamos fai uns días aquí.
Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar aAmérica para salvar as súasvidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF,1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego. Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Ser vicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Viana organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.
O día 9 de febreiro Roberto Mera Covas (Ponteareas 1971) explicounos todo isto e máis na nosa biblio, nun acto no que a memoria estivo moi presente.
Un alumnado de primeiro de bacharelato atento e participativo tivo a sorte de escoitalo. Calquera día é bo para non esquecer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario