mércores, 30 de novembro de 2022

A prensa fala de nós... Música no Mosteiro!

 Con tanta actividade non nos da tempo de celebrar tanta boa noticia. Xa sabedes que nos encanta que falen de nós... ben! De novo Laura Fernández recolleu nun dos seus artigos o premio que recoñeceu ao noso proxecto Música no Mosteiro.

Aquí vos queda o artigo dixitalizado.

Por certo, se queredes ver o padlet con todas as actividades do proxecto, picade aquí.

E se queredes ver todas as entradas desta bitácora referidas a MnM, aquí.

E aquí tamén podedes acceder ao blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares para ver todos os proxectos premiados, xunto coas súas memorias, incluída a nosa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario