Grazas a Juan Manuel Vázquez puidemos gozar dunha tarde de aprendizaxes, emocións e anécdotas arredor da música barroca, renacentista e medieval.
Luthería, poesía, musicoloxía, filosofía, mitoloxía e anécdotas varias foron xurdindo neste concerto didáctico-tertulia que nos reuniu con Luys de Milán, Gaspar Sanz ou o mesmo Martín Codax.
Grazas tamén a Carlos Alonso temos testemuño gráfico da actividade. Seguimos adiante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario