venres, 10 de xuño de 2022

Presentación: Cristal

 Seguimos de presentacións: o sábado pola tarde o noso alumno Alex Corbillón presenta a súa ópera prima Cristal. En realidade xa non é o noso alumno, pois xa se graduou. As nosas bolboretas xa voan por libre! O libro xa foi presentado na nosa biblio e por suposto que podedes vir e botarlle unha ollada... mais se podedes axudar ao seu autor mercando algún exemplar, non estaría mal. É moi fermoso, e hai que facer mención especial á autora da portada, Lorena Fernández, que aportou un dos seus traballos do proxecto Música no Mosteiro para lograr un resultado estupendo.

O dito: non perdades o evento, que terá lugar en Katharina, Estudio de Arte, o sábado ás 18.30.

Moita sorte tamén á nosa (ex) alumna Katharina que puxo en marcha esta iniciativa tan fermosa e vocacional. Ogallá a vila de Celanova saiba valorar a estes artistas emerxentes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario