luns, 22 de novembro de 2021

Feliz día de Santa Cecilia!

 


Na festividade de Santa Cecilia damos os parabéns aos profesionais da música pero tamén a todas as persoas que a practican, a gozan e a aman. Somos moitos nestas Terras de Celanova os que nos damos por  felicitados, pois é ben sabido que esta terra é de artistas de todas as disciplinas.

Hoxe, navegando, atopamos esta web da Biblioteca Musical Víctor Espinós, que ten moi boa pinta e que nos encantaría visitar: xa temos outra idea de viaxe didáctico.

Tamén vos deixamos un enlace a algúns recursos musicais  na rede que o Departamento de Música utiliza asiduamente. 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario