Onte foi o Día das Bibliotecas... como todos os días, segundo entendemos nós.
De feito, xa levamos semanas facendo cambios, movementos e adquisicións para mellorar a nosa biblio pouquiño a pouco.
Hoxe partillamos algunhas fotos para que vexades o ben que está quedando todo, á espera de novidades que xa vos iremos contando. Pero o mellor, xa o sabedes, é velo cos vosos propios ollos e sacar de paseo a todos eses libros que agardan por vós... e pelis... e revistas... e moito máis!
Expositor para novidades.
Mobles auxiliares para que os dicionarios estean sempre a man.
Ampliación e recolocación da sección infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario