David Russell e a súa guitarra levan a Celanova polo mundo, e o noso IES tamén está incluído na fantástica gravación pertencente á colección OMNI on Location: Concerts from Historic Sites, na que o xenial guitarrista realiza gravacións en lugares patrimoniais de grande beleza. O templo, a sillería do coro, o órgano, os claustros... Todo aparece na gravación, que colleitou algúns comentarios como o seguinte:
Absolutamente maravilloso, enmudecedor y trascendental. A lo que el Maestro nos tiene acostumbrados cada vez que toca. No hay una sola nota que haga que no me transporte a otra dimensión. Cuanto más estudio, y más le conozco, más le admiro.
Isto nos da unha idea do recoñecemento mundial do guitarrista, que tamén deu un paseo polo noso claustro e explicou, en inglés, as peculiaridades do noso famoso Claustro do Poleiro. Acompañámolo mentres o noso compañeiro Carlos Alonso facía unhas fotos dignas do momento, que tamén se incorporaron ao vídeo.
A premier foi fai hoxe 5 días, e xa ten máis de 11 mil visualizacións. Non ten desperdicio. Gozade da música do grande J.S.Bach nas mans doutro grande. Graciñas, David e María Jesús. Volvede cando queirades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario