Así estamos a preparar o día 8 de Marzo: Cunha instalación na Sala do Profesorado na que recomendamos lecturas e actividades para visibilizar o Día da Muller con cada un dos grupos. Deixámosvos unhas fotos e o texto do aviso, que pensamos que é convincente.
ATENCIÓN, ATENCIÓN: AVISO AO PROFESORADO!
HORA DE LECTURA DO DÍA
4 DE MARZO
A 5ª HORA
Propoñémosvos una actividade: Deixámosvos en caixas na Sala de Profesores unhas suxestións de textos (escolma de poesía e material didáctico de elaboración propia) para conmemorar o
DÍA DA MULLER
da mellor maneira: lendo obras delas e sobre elas.
Durante a sesión podedes sacar unhas fotos ou facer uns vídeos e enviárnolos a bibliotecapoleiro@gmail.com para facer unha montaxe e subila o día 8 de marzo ao blog e a web do centro. O mesmo se nas vosas materias ou nas horas de titoría estades a facer proxectos neste campo, achegádenos material gráfico para que sexa difundido polas nosas canles.
O material que collades das caixas da sala de profes, por favor, deixádeo de volta nelas ao rematar a sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario