mércores, 20 de maio de 2020

Tachán, tachán...!!!! Hoxe, última entrega... En nome propio!!!!!

Pois si: hoxe chegamos á última das once entregas da escolma Con/En nome propio, conectando así a Semana do Libro coa Semana das Letras Galegas a través desta ponte literaria.

Agardamos que gozarades de todas elas!

Se aínda non puidestes ver as anteriores, picade aquí, ou percorrede o noso blog dende o 24 de abril, que foi cando publicamos a primeira. Letras de mulleres ou que falan de mulleres, poetisas actuais, pasadas, mulleres reais e inventadas. Seguro que quedou algunha no tinteiro, pero sexan estas once entregas unha homenaxe a todas elas.

Pica na imaxe para ver esta última entrega!




Ningún comentario:

Publicar un comentario