mércores, 27 de novembro de 2019

Con todos vós, o vídeo dos actos do 25N

E por fin, a vídeo montaxe cun resumo do acontecido o día 25 ás 13.00 no claustro do mosteiro de Celanova. Nun primeiro momento, a intención foi facelo na Praza Maior, pero a inestabilidade no tempo e o risco de choiva empurrounos a facer o acto baixo teito. Foi un éxito de participación que congregou a xente de toda a vila, na que varios centros educativos estiveron representados, así como o Concello, a Mancomunidade e a xente da nosa vila que veu a apoiar a causa. Seguimos na loita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario