xoves, 25 de abril de 2019

Exposición nas mesas da biblio VI: Mulleres matemáticas

E, se vos gustou a galería de mulleres científicas da mesa III, non deixedes de ver esta selección de mulleres matemáticas... Aínda seguides pensando que non hai mulleres na ciencia? Que as novas aspirantes a científicas non teñen referentes? Pois SÍ que os teñen!!! Hai que buscar un pouco pero é asombroso a cantidade delas que hai e a magnitude das súas aportacións.

Sen ir máis lonxe, aí temos a Katie Bouman, que encheu fai poucos días os xornais porque foi a encargada de desenvolver o algoritmo que permitiu tomar a primeira fotografía dun burato negro, ou a Karen Uhlenbeck, matemática recentemente premiada no premio Abel, o equivalente ao Nobel de Matemáticas.

Mirade, mirade canto talento...



E, por certo, recomendámosvos tamén a peli "Figuras ocultas", de Theodore Melfi, que podedes coller na nosa biblio, e narra as peripecias de tres mulleres afroamericanas cuxo traballo científico na NASA foi clave para para poñer en órbita ao primeiro astronauta estadounidense. Deixámosvos o tráiler.

2 comentarios:

  1. E un montón delas mais que tamén podedes ver /ler no taboleiro de Mulleres Matemáticas ,Científicas, Inventoras...elaborado polos alumn@s de 4°ESO, que está no claustro do Poleiro.
    Rosa Álvarez

    ResponderEliminar
  2. Fantástico ! Tamén hai moitas máis mulleres matemáticas , científicas , inventoras ...que podedes ver e ler no taboleiro correspondente do corredor do patio do claustro do Poleiro ! Traballo feito polo alumnado de 4º ESO .
    Rosa Álvarez

    ResponderEliminar