mércores, 13 de febreiro de 2019

Referentes femininos no deporte... Noraboa ás nosas campioas de fútbol sala!

Aquí vos deixamos unha parte do material da  nosa campaña, que estará exposto na biblio, pero xa o podedes ir consultando aquí de maneira virtual, e é que consideramos moi necesario atopar referentes femininos en moitos campos onde parece que a muller non existe. O deporte é un deles. 

Non obstante, aquí, no IES Celanova, xa contamos con algúns deses referentes: Amelia Cobelas, alumna do centro, e Vera Rivero, exalumna, forman parte da selección galega de fútbol sala que veñen de quedar subcampioas nacionais tras acadar a prata pola mínima contra a selección catalana. Parabéns!!! 











Ningún comentario:

Publicar un comentario