A primeira, na nosa biblio, como non, consistiu nunha convivencia poética, na que o alumnado respectivo misturouse para realizar unha lectura dramatizada dunha selección de 10 poemas, que vos achegamos a continuación: 5 propostos por eles (5 poetas lugueses, claro), e 5 por nós, que optamos polos nosos dous máis grandes... Temos tantos que nunca se sabe por onde tirar! Lembrámosvos que podedes consultar a nosa etiqueta Autores da Comarca cando queirades... temos moito e bo!
Volvendo ao tema que nos ocupaba, tras unha dinámica baseada en recompoñer puzzles de poemas, xurdiron 10 grupos aleatorios que prepararon cadansúa lectura do xeito que mellor lles pareceu, e a compartiron a continuación co resto do público. Pasouse a hora voando, a verdade é que un ratiño máis de convivencia poética non tería estado mal.
Estes foron os poemas que revivimos:
A continuación, sesión de teatro musical: os chantadinos representaron para nós, desta vez no salón de actos, a obra de Xosé Vázquez Pintor, "Nos Espazos do Soño", musicada por Gael e Tomás Camacho. Un elenco composto por actrices e músicos representou nas nosas táboas un par de actos desta orixinal creación. A ovación estaba asegurada.
Un día estupendo, con moita Luz e poesía... Que mellor maneira de homenaxear ás nosas Letras? Traballando en equipo todo é posible! Grazas ao IES Lama das Quendas, e aos nosos diversos colectivos: Clubs de Lectura, Equipo da Biblioteca, EDLG e Departamento de Música.
Achegámosvos tamén un enlace ao blog da biblioteca do IES Lama das Quendas, Biblioquendas, onde podedes ver a súa bitácora de viaxe a Celanova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario