mércores, 7 de xuño de 2017

A Biblioteca, punto turístico da vila de Celanova

Durante todo o curso, e máis nestas datas primaverais, turistas e centros de toda Galicia (e parte do estranxeiro) visitan a vila e tamén a nosa biblioteca. Para os turistas en xeral temos un folleto de elaboración propia, que entregamos cando veñen á biblioteca para que percorran o resto do Claustro do Poleiro e se informen das características do edificio.







Os centros educativos que nos visitan fan un percorrido fantástico: literario (Casa dos Poetas, Ruta Currosiana, etc.), artístico (o noso mosteiro, a capela de San Miguel, etc.), histórico (Castromao) e musical (concertos didácticos de órgano), todo elo da man da Fundación Curros Enríquez. Tamén veñen á nosa Biblio, e moitos deles anímanse a recitar uns poemas. Veñen moi preparados: a propia organización facílitalles este folletiño para amenizar o percorrido. Unha experiencia fenomenal que atrae a moitísimos grupos escolares, dos que un grande número repiten.





Ningún comentario:

Publicar un comentario