Este nutrido grupo, de idades diversas,
portouse fenomenal durante a charla literaria Versos
para conversar, que desenvolveu Xoán Carlos Domínguez Alberte, autor da
nosa comarca, o pasado 29 de marzo.
Versos para
conversar foi publicado por Galaxia fai nadiña, en decembro de 2016,
e, como explica a propia editorial é "poesía que vai de ti para min. Para
ler e entender o mundo. Para saber como se nomean as cousas. E para recitar e
falar. Unha pequena folerpa poética. Versos delicados que pintan de cor as
cousas todas." Como vedes nas fotos, un éxito!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario