martes, 20 de decembro de 2016

A biblioteca presenta... Cinema mudo (sonorizado en directo!)

E para rematar trimestre (e campaña!) temos preparada esta sorpresa: a proxección dunha peli muda sonorizada en directo polo alumnado (e a profe) de música de 4º ESO. A peli é "Unha vida de can", nada máis e nada menos que do grande Charlie Chaplin, e do ano 1918.



Na musicalización da película faremos unha homenaxe a outras músicas de cine coñecidas por todos (ou non?), facendo os diferentes leitmotives, como Memorias de África (John Barry), Amelie (Yann Tiersen), Supermán (John Williams), Romeo e Xulieta (Nino Rota), O bo, o feo e o malo (Ennio Morricone), A ponte sobre o río Kwai (Malcom Arnold) e un longo etcétera, xunto con outra música axeitada para a sonorización de películas (Ragtimes, Boogies, ou o archicoñecido Can Can de Offenbach).

Será no salón de actos ás 13.30 o día 21 de decembro, para despedir o ano e o trimestre. Agardamos que vos guste!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario