Parece que soa a escusa, pero non nos importa
recoñecer que non nos deu tempo, no seu día (24 de Outubro), a colgar, aínda que
fora, un post pequeniño celebrando o día das bibliotecas.
O día das bibliotecas
ven a conto, como nos explican amablemente no Blog de Bibliotecas Escolares de Galicia, de que “…van xa dúas décadas desde que a Asociación Amigos del
Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos
beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da
cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e
todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de
celebración oficial.”
Así que nós, dous días despois, facemos eco dos fastos,
porque calquera día e bo para celebrar que, como di Ledicia Costas, “… Nas
bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu,
Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter
Långstrump. “
Felices días das bibliotecas!!!!!
Felices días das bibliotecas!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario