Imaxe procedente de: http://mindies.es/pelicula/melies/
“As películas teñen o poder de capturar os soños”. G. Mèliés
O Departamento de Música tamén quere ser De Cine colaborando na actual campaña da Biblio.
No proxecto Méliès e familia para 1º de bacharelato da materia Linguaxe e Práctica Musical combinamos habilidades en tecnoloxías audiovisuais con dous importantes bloques da nosa asignatura: composición musical e tratamento de editores de partitura e audio.

Así pois, tras unha selección de pequenas xoias cinematográficas da primeira década do século XX, dos cineastas G. Mèliés, Segundo de Chomón e Ferdinand Zecca, cada alumno está a realizar a composición da banda sonora correspondente.
Estamos a utilizar o editor de partituras Musescore e o editor de audio Audacity, e preparando o vídeo coa súa película correspondente mediante Windows Movie Maker ou software similar, para ter así unha colección de pequenos clásicos do cine mudo sonorizados por nós a disposición de todos na biblioteca, que figurarán no apartado de produción propia en canto os traballos estean rematados.
Alá vai un aperitivo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario