mércores, 25 de maio de 2016

O noso exalumno Germán Álvarez, no elenco de O mundo persistente

Do 2 ao 4 de xuño no Salón Teatro de Santiago terá lugar un evento ben interesante: a representación de O mundo persistente, do  Proxecto Nós Territorio (Es)Cénico Portugal Galicia, rede de intercambio teatral co país veciño na que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa a través do CDG e a ESAD de Galicia.

http://www.centrodramatico.org/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2558&lg=gal



¿Que é O mundo persistente? Con texto de Fernando Epelde e baixo dirección de Tito Asorey, na propia páxina do Centro Dramático Galego explícannos brevemente o concepto da montaxe...

" Vinte minutos no mundo persistente equivalen a un día no mundo real. No espazo entre estas dúas medidas transcorren as vidas dos mozos protagonistas desta historia, que adoitan falar sempre entre eles enmarcados en pantallas, sen compartir espazos físicos.

O mundo persistente é tamén un termo do campo dos videoxogos que denomina os universos virtuais que sobreviven en ausencia do xogador.
Así que… agora, para estes mozos, o mundo persistente tornouse a única alternativa interesante fronte a un mundo exterior obsoleto e superado.

E todo semella non ter bordos neste mundo. E, por riba, as cousas flúen sen perturbacións nos videoxogos, ata que un destes mozos enferma e a mesmísima morte (unha morte de píxeles, aínda que morte ao fin e ao cabo) fai acto de presenza para propoñerlle un pequeno paseo a través do mundo real na compaña dos seus amigos.

Un paseo para alguén que xamais camiñou."



 E así nos deixan... coa emoción... Pois para saber que pasará teremos que ir vela! E así animar a un dos protagonistas desta obra, o noso exalumno Germán Álvarez, ao que desexamos moita sorte na súa andadura: talento non lle falta!!!!

Aquí podedes coller as entradas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario