Así foi como a prensa
estatal recollía en febreiro o galardón que Carlos Montero acadou coa súa
novela "El desorden que dejas". Exalumno
do centro, pasou tamén por esta biblioteca, e así o lembraba esta mañá cando
veu presentar o seu libro.
Foi
unha charla amena e distendida, na que nos explicou a vida do guionista, a do
escritor e a do premiado que agora ten que presentar a súa novela aquí e acolá.
Ambientada nun centro educativo dunha vila do interior de Galicia, "El
desorden que dejas" aborda o tema do acoso e desemboca, segundo a
editorial, "nunha disección sobre a debilidade humana.”
Xa a podedes levar,
pois na biblio temos varios exemplares, así que se
vos gusta o thriller e sodes fans do xénero negro, suicidio incluido, non o
dubidedes.
Alá
vos van unhas fotos do evento...
Ningún comentario:
Publicar un comentario