mércores, 18 de novembro de 2015

Preparados, listos... Medievalízate nas VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia


Pois xa está todo listo: ás 11.45 do sábado 21 de novembro alí estaremos contándolle a quen nos queira escoitar a nosa experiencia de traballo por proxectos... A nosa compañeira Isidora Gil será a encargada de relatala na sala 14 do Palacio de Congresos e exposicións de Santiago de Compostela, e xa ten preparada unha xenial presentación, que podedes atopar no noso Padlet Colaborativo Medievalízate. , e directamente picando na imaxe...



Podedes consultar aquí o programa completo das xornadas... ten moi boa pinta!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario