mércores, 21 de outubro de 2015

Redes sociais literarias: interaccionando coas letras.

Imaxe procedente de: http://www.mientraslees.com/2013/04/amazon-compra-goodreads.html


Un recente anuncio da radio ven a dicir algo así como... "cando era pequeno e un estraño comezaba a seguirme, morría co medo... agora chámase Rede Social".
Quen non coñece ou participa dalgunha das moreas de redes sociais que habitan Internet? Mesmo as autoridades culturais, relixiosas, políticas e institucións varias son usuarias habituais destas canles de interacción masiva.

Actualmente, ademais das redes sociais, digamos, xenéricas, temos redes temáticas, que agrupan a usuarios con intereses comúns. E neste caso, cal é o noso interese común? Acertaches!!! Os libros!!!

Navegando polos recunchos do ciberespacio atopamos unha lista importante de redes sociais literarias, de recomendación de lecturas, de recesións de libros, de interacción entre autores e público, de autores amateur, de promoción editorial, de xéneros literarios concretos (xénero negro, romántico, ciencia ficción), de literatura xuvenil… Algunhas mesmo incorporan tenda virtual ou zona de descarga de libros gratuíta… Temos un abano enorme de posibilidades! É tan sinxelo como que moitos blogs e webs pódelos atopar tamén en twitter, facebook e mesmo instagram, así que toca abrir os ollos e andar atentos ao que o ciberespazo pode ofrecer… Estas son algunhas delas:

http://www.mientraslees.com/ : Como eles se definen, revista dixital para booklovers, gamers& otaku, moustache’s e cakemaniacs. Con Facebook, twitter, instagram, pinterest, e canal youtube.
http://www.ficcioncientifica.com/ : Rede especializada en literatura sci-fi, con facebook e twitter e zona de descargas.
http://casasahorcadas.blogspot.com.es/ : Blog de club de lectura especializado en xénero negro.
http://www.biblioeteca.com/  : Con Facebook, twitter e Tuenti, podes acceder coa túa conta de Facebok ou Dropbox. Tamén ten blog e grupos de diferentes temáticas, entre elas a xuvenil.
http://www.compartelibros.com/ : Con blog, foro, facebook, chat… tamén aporta noticias literarias, novidades editoriais, descargas de fragmentos, etc. Como eles mesmos se definen, "Una comunidad para los amantes de la lectura".
http://www.boolino.com/es/ : Infantil e xuvenil, ten posibilidade de subscribirse para recibir recomendacións e actualizacións, zona de compra, recomendacións de banda deseñada e cine, e conta en Facebook, Twitter, Pinterest e Youtube.
https://www.leoteca.es/  : “Por fin un lugar onde nenos e maiores podemos falar do que lemos” . Así se presenta esta rede social orientada a literatura infantil e xuvenil, que tamén ten Facebook.
http://www.falsaria.com/ : Rede social literaria gratuíta. Segundo eles mesmos , é un proxecto colectivo que pon en marcha unha maneira diferente de escribir e publicar. A través dun sistema de votacións, os textos poden ir pasando por diferentes fases ata chegar á edición impresa…  
   
Iremos comentándovos próximos descubrimentos que vaiamos facendo, pero mentres tendes moita máis información neste artigo tan interesante: http://marianaeguaras.com/redes-sociales-de-lectura-para-promocionar-un-libro/  .

Que aproveite!

Ningún comentario:

Publicar un comentario