martes, 19 de maio de 2015

Letras Galegas 2015: Unha tarde para a Poesía e a Música.

Este foi o programa que escoitamos onte da man de Irma Fernández Alonso e Juan Manuel Vázquez, que intercalou música medieval con recitado dos poemas de Filgueira Valverde, do célebre Cunqueiro e dos medievais Martín Códax, Afonso X e D.Dinís. O alumnado tamén colaborou, e foi o encargado de recitar os poemas do homenaxeado nestas Letras Galegas 2015. 

Lembrade que este concerto está enmarcado tamén no proxecto "Medievalízate". Podedes acceder ao Taboleiro colaborativo da sección de música aquí!

PROGRAMA

Para comezar: V Estampie Royal (Chansonnier du Roi, s. XIII).

1.-Recitado: San Clemencio. (Filgueira Valverde)
Afonso X O Sabio: Cantiga 166. Como poden per sas culpas .
Anónimo inglés s.XIII: Miri it is.

2.- Recitado: Santo do Mar. (Filgueira Valverde)
Anónimo s.XIV: Rotta de Il lamento di Tristano (Manuscrito de Londres).
Martím Códax: Ondas do Mar de Vigo.

3.- Recitado: Ese cantar. (Filgueira Valverde)
Anónimo sueco: Sakpipslat. Recitado de Álvaro Cunqueiro.
Beatriz de Dia: A chantar.

 4.- Recitado: Bailemos. (Filgueira Valverde)
Anónimo s.XIV. Trotto. (Manuscrito de Londres). Recitado de Álvaro Cunqueiro.
Martím Códax: Mandad’ei comigo.

5.- Recitado: Ai amor(Filgueira Valverde)
Anónimo s.XIV. La Manfredina e Rotta de La Manfredina. (Manuscrito de Londres).
Dom Dinís de Portugal: Cantiga I.

 6.- Recitado: Nosa Señora da Barca. (Filgueira Valverde)
Afonso X: Cantigas 77 "Da que Deus mamou" e CSM-119 "Como somos per consello"
Afonso X: Cantiga 10. Rosa das rosas.

E para rematar:

Martím Códax: Cantas sabedes amar.

Esperamos que os asistentes gozaran do concerto (de certo nalgúns casos estamos seguros de que si), e en breve elaboraremos o vídeo para que comprobedes de primeira man o que aquí pasou na tarde de onte.





1 comentario: