luns, 16 de xuño de 2025

E finalizando o curso... a Peza do Verán!

 E que mellor que unha viaxe cultural para celebrar o descanso estival? (Menuda rima!)

Pescudando polo centro adiante atopamos unha fermosísima memoria que compañeiras de antano fixeron sobre unha viaxe cultural para o alumnado de ciclos. Non lle falta de nada: itinerario, obxectivos, memoria económica... Un traballo ben rigoroso que as compañeiras profesoras do IES no ano 1983 deixaron para a posteridade.

E o tema do mes, por suposto, son as vacacións: A súa regulamentación, os cambios ao longo da historia ou a xestión dos festivos escolares.

Preme na imaxe e accede ao documento completo.

E neste enlace para visitar todas as Pezas do Mes. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario