Esta idea rondábanos na cabeza dende o curso pasado... Por que non achegar o noso patrimonio á cativada a trevés duns coreables? Non son un cómic, pero parécenselle, por iso volos presentamos hoxe, Día do Cómic.
Polo momento, dispoñemos deles en formato folio, pero non descartamos outros formatos ben orixinais dos que xa vos contaremos (manteis coreables mentres agardamos pola comida?).
Por suposto, levarémolos á Feira Educativa Expourense e xa volos deixamos aquí para que vos sintades libres de descargar e imprimir.
Paseamos pola arquitectura, a historia, a música, a literatura, e como non, a memoria histórica da vila e dos nosos espazos no Claustro do Poleiro.
Tamén os podedes atopar no taboleiro Padlet do Fogar das Musas e do Centro de Interpretación Virtual da Memoria Histórica.

Ningún comentario:
Publicar un comentario