E chegou o día. Con actuacións diversas, e respectando protocolos, visibilizaremos o 25N o mellor que poidamos. Utilizaremos este cartaz para estampar as nosas mans con pintura de dedos e encher os corredores con cada unha delas, posicionándonos cada un de nós contra esta lacra social.
Achegamos ademais un
documento con recursos para a aula (ou para a casa), que xa subiramos ao noso
padlet Hora de Ler, pero que non queremos deixar de visibilizar neste día. Que non falte a creatividade, pero se as musas nos abandonan, aquí temos varias ideas. Que aproveite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario