Por fin, o Roteiro da Memoria deseñado polo alumnado o curso pasado puido ser levado a cabo "en formato físico" hoxe mesmo, día 13 de maio de 2025... Deixamos aquí unhas imaxes que resumen o traxecto: O noso propio centro, que como sabedes foi prisión, os actuais xulgados, que foron cárcere de mulleres, o Outeiro da Obra ou o Cemiterio de San Breixo co memorial ás vítimas da ditadura que foron asasinadas e enterradas na fosa común. O departamento de Historia foi o impulsor desta iniciativa, que contou coa inestimable axuda do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.
Aquí podedes atopar moita máis información: No noso Centro de Interpretación Virtual da Memoria Histórica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario